Marabillas do Mundo dende casa
viernes, 17 de junio de 2016
Códigos QR. Preguntas 1
Cal foi o escritor de gran renome, nado nunha vila próxima pero que pasaba temporadas na Arousa, e ironizaba con haber nacido nela?
viernes, 10 de junio de 2016
lunes, 6 de junio de 2016
Entrada 41: Mauna Loa
O Mauna Loa é un volcán activo nas Illas Hawaianas, un dos cinco picos volcánicos que xuntos forman as Illas Hawai. En Hawaiano mauna loa significa alta montaña. É o volcán máis grande da Terra, xa que mide 4169 metros.
O Mauna Loa é un volcán en escudo con lava moi fluída e erupcións poco explosivas. Leva activo uns 700.000 anos e o responsable da súa actividade é o punto quente hawaiano. A súa última erupción foi no 1984 e segue e seguirá en actividade outros 700.000 anos ata que se extinga e apareza outro volcán que creará unha nova illa.
No seguinte vídeo podedes ver imaxes do Mauna Loa tanto en activo como da súa paisaxe.

Entrada 40: Parque Nacional de Þingvellir
þingvellir (co carácter þ) é unha rexión do sueste de Islandia, preto da península de Reiquianes e zona volcánica de Hengill. Historicamente é un dos lugares máis importantes de Islandia, pois o Alþingi, unha das institucións parlamentarias máis antigas do mundo, foi creado neste lugar.
Ten unha superficie duns 83 km² e ten catro sitemas volcánicos, xa que o parque é atravesado polo límite de dúas placas tectónicas, o que orixina fallas e diversos sistemas fluviais de carácter termal
Foi declarado parque nacional en 1928 debido á súa importancia histórica, así como polas súas especiais características tectónicas e volcánicas. A UNESCO, no 2004, declararíao patrimonio da humanidade.

Gran fosa de Þingvellir entre o límite da placa Americana e a Euroasiática
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)