viernes, 17 de junio de 2016
Códigos QR. Preguntas 1
Cal foi o escritor de gran renome, nado nunha vila próxima pero que pasaba temporadas na Arousa, e ironizaba con haber nacido nela?
viernes, 10 de junio de 2016
lunes, 6 de junio de 2016
Entrada 41: Mauna Loa
O Mauna Loa é un volcán activo nas Illas Hawaianas, un dos cinco picos volcánicos que xuntos forman as Illas Hawai. En Hawaiano mauna loa significa alta montaña. É o volcán máis grande da Terra, xa que mide 4169 metros.
O Mauna Loa é un volcán en escudo con lava moi fluída e erupcións poco explosivas. Leva activo uns 700.000 anos e o responsable da súa actividade é o punto quente hawaiano. A súa última erupción foi no 1984 e segue e seguirá en actividade outros 700.000 anos ata que se extinga e apareza outro volcán que creará unha nova illa.
No seguinte vídeo podedes ver imaxes do Mauna Loa tanto en activo como da súa paisaxe.

Entrada 40: Parque Nacional de Þingvellir
þingvellir (co carácter þ) é unha rexión do sueste de Islandia, preto da península de Reiquianes e zona volcánica de Hengill. Historicamente é un dos lugares máis importantes de Islandia, pois o Alþingi, unha das institucións parlamentarias máis antigas do mundo, foi creado neste lugar.
Ten unha superficie duns 83 km² e ten catro sitemas volcánicos, xa que o parque é atravesado polo límite de dúas placas tectónicas, o que orixina fallas e diversos sistemas fluviais de carácter termal
Foi declarado parque nacional en 1928 debido á súa importancia histórica, así como polas súas especiais características tectónicas e volcánicas. A UNESCO, no 2004, declararíao patrimonio da humanidade.

Gran fosa de Þingvellir entre o límite da placa Americana e a Euroasiática
domingo, 5 de junio de 2016
Entrada 39: Burj Khalifa
Burj Khalifa é un rañaceos da cidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos), e a contrución máis alta realizada polo home con 828 metros de altura. A súa construción comezou o 21 de setembro de 2004 e a súa inauguración oficial foi o 4 de xaneiro de 2010. O complexo valeu 20.000 millóns de dólares. Cabe destacar que ten 163 plantas e 58 ascensores.
viernes, 3 de junio de 2016
Entrada 38: Himalaia
O Himalaia (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indiano do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. O nome Himalaia ven do hindi hima = Neve + laya = Montaña,
O Himalaia é a cordillera máis alta da Terra, con dez das catorce cimas de máis de 8000 metros de altura do mundo. Inclúe o Everest, cós seus 8848 msnm, a montaña máis alta do planeta.
No Himalaia nacen algúns dos maiores ríos do mundo como son o Ganxes, Indo, Brahmaputra, Yamuna e Yangtzé,
No seguinte vídeo podedes ver imaxes dun alpinista suízo chamado Ueli Steck autorretándose para escalar o Himalaia. As vistas non teñen desperdicio.
.

jueves, 2 de junio de 2016
Entrada 37: Kilimanjaro
O monte Kilimanjaro (Kilima Njaro, que significa "montaña brillante" en kiswahili ou Oldoinyo Oibor, "montaña branca" en masai) localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5 895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único.
O monte e as selvas circundantes, cunha área de 75 353 ha, posúen unha fauna rica, incluíndo moitas especies ameazadas de extinción e constitúen un parque nacional que foi inscrito pola UNESCO en 1987 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.
O complexo do Monte Kilimanjaro coas súas florestas, localizado entre 2°50'-3°20'S e 37°00'-37°35'E, xa fora considerado unha reserva de caza polo goberno colonial alemán nos principios do século XX, mais foi considerado unha reserva forestal en 1921, até que, en 1973, foi declarado Parque Nacional.

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)