lunes, 30 de mayo de 2016

Entrada 36: Gran Barreira de Coral

A Grande Barreira de Coral é o máis grande arrecife coralino do mundo. Está situado ao longo de Queensland, en Australia. Mide 2 000 quilómetros e pode ser visto desde o espazo. Está considerado como a máis grande estrutura viva sobre a Terra. As súas augas son temperadas e teñen moita fauna e flora.

O primeiro explorador europeo que divisou a Gran Barreira de Coral foi o Capitán James Cook na súa viaxe de 1768. Cook descubriu o arrecife cando encallou nel o 11 de xuño de 1770.

A ameaza máis significativa para o futuro da grande barreira de coral e doutros ecosistemas tropicais é o quecemento global. Baixo o efecto das augas que fican demasiado quentes durante excesivo tempo, os corais expelen os seus responsábeis da fotosíntese e perden as súas cores, deixando á vista os seus esqueletos brancos, e morren pouco despois.

domingo, 29 de mayo de 2016

Entrada 35: Liñas de Nazca

As Liñas de Nazca, como son máis coñecidas, atópanse nas Pampas de Jumana, no deserto de Nazca, entre as poboacións de Nazca e Palpa no Perú. Foron trazadas pola cultura Nazca. Están compostas por varios centos de figuras que abranguen deseños tan sinxelos como liñas ata complexas figuras zoomorfas, fitomorfas e xeométricas que aparecen debuxadas na superficie.

O abraiante é que estas liñas soamente poden ser observadas na súa integridade dende o ar, ao sobrevoar o deserto, o cal espertou grandes cuestións sobre as intencións e habilidades dos seus construtores.




sábado, 28 de mayo de 2016

Entrada 34: Yosemite

El Parque Nacional de Yosemite se ubica a aproximadamente 320 km al este de San Francisco, en el Estado de California, Estados Unidos. El parque cubre un área de 3081 km² y se extiende a través de las laderas orientales de la cadena montañosa de Sierra Nevada (Estados Unidos). Es visitado por más de 3 millones de personas cada año, y la gran mayoría sólo recorre la parte del valle de Yosemite. Fue nombrado Patrimonio Mundial de la Humanidad por la Unesco en 1984 y es reconocido internacionalmente por sus acantilados de granito, saltos de agua, ríos cristalinos, bosques de secuoyas gigantes y la gran diversidad biológica (cerca del 95% del área del parque está denominada zona salvaje). Fue el primer parque dispuesto por el gobierno federal de los Estados Unidos y a través del trabajo de personas como John Muir fue un punto relevante en el desarrollo de la idea de parques nacionales.




viernes, 27 de mayo de 2016

Entrada 33: CN Tower

CN Tower Timelapse from claudio manni on Vimeo.
La Torre Nacional de Canadá o simplemente Torre CN es una estructura no sostenida por cables en tierra firme, la quinta más alta del mundo. Con una altura de 553,33 metros, es la torre más alta de América. Es considerada como una de las 7 maravillas del mundo moderno y está en la ciudad canadiense de Toronto.


domingo, 22 de mayo de 2016

Entrada 32: Athos

A República de Monte Athos que se localiza nunha península na rexión de Macedonia e está baixo soberanía grega. Mesmo pertencendo formalmente ao territorio da Grecia, que mantén unha especie de gobernador, é na verdade unha "entidade teocrática independente". Para entrar neste territorio é necesario un permiso especial, a pesar de que Grecia sexa parte da Unión Europea e teña abolido os controis fronteirizos. É famoso polos seus monasterios ortodoxos e é habitado por 1700 monxes, todos homes, xa que as mulleres teñen prohibida a entrada en Athos.




sábado, 21 de mayo de 2016

Entrada 31: A Gran Muralla China



A Gran Muralla China é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisonada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.

jueves, 19 de mayo de 2016

Entrada 30: Uluru

Uluru ou Ayers Rock é unha formación rocosa composta principalmente por arenisca que se encontra na zona centro de Australia. Uluro é un dos iconos naturais de Australia, e é considerada como a rocha de maiores dimensións do mundo. Mide 384 metros de alto, 9,4 kilómetros de contorno e ata 2,5 Km baixo terra. É un lugar sagrado para os aboríxenes, pricipalmente porque ten unha peculiaridade que é que cambia de cor dependendo da hora e das condicións meteorolóxicas que haxa ese día. Foi declarada Patrimonio da Humanidade no 1987.


sábado, 14 de mayo de 2016

Entrada 29: Guilin

Guilin (桂林市) é unha cidade e prefectura do sur de China con case cinco millóns de habitantes. Ten unha paisaxe moi característica e fermosa a cal a fai coñecida e tamén patrimonio da humanidade.


                                                    
                                 A famosa Trompa de Elefante      
                                              
                                                                    
Costas bañadas polo río Li
                        
                                                

viernes, 13 de mayo de 2016

Entrada 28: Faro de Alexandría

O Faro de Alexandría foi unha das sete marabillas do mundo antigo e o primeiro faro coñecido da historia. Construído no 279 a.C por Sostrato de Cnido por orde de Tolomeo I na illa de Pharos, fronte Alexandría (Exipto). Consistía nunha xigantesca torre sobre a que unha fogueira permanente marcaba a posición da cidade aos navegantes, dado que a costa nesa zona era demasiado chá e por aquel entón carecíase de calquera referencia para a navegación. Medía uns 134 metros. Non se conserva xa que houbo terremotos no 1303 e no 1323 fixeron que quedara en ruinas, as cales foron usadas no 1480 para facer un palacio. O nome da illa onde estaba (Pharos) doulle nome ó edificio nas linguas romances.


jueves, 12 de mayo de 2016

Entrada 27: Necrópole de Gizeh

A Necrópole de Giza é unha parte dunha das principais necrópoles do Antigo Exipto, a necrópole da cidade de Menfis. Situada na chaira de Giza, ao oeste da poboación homónima, a uns vinte quilómetros do Cairo. Comezou a empregarse durante a segunda dinastía, téndose atopado cerámica datada no reinado de Nynecher. Nela atópanse as famosas pirámides construídas polos faraóns da IV Dinastía. Foi utilizada principalmente durante o Imperio Antigo.


Pirámides de Queóps, Quéfren e Micerinos


Mapa da necrópole 

1. A Gran Pirámide de Giza
2. A Pirámide de Quefrén
3. A Pirámide de Micerinos
4. Templo funerario de Quefrén
5. Templos funerarios de Queóps e Micerinos
6. Pirámide auxiliar de Quéfren.
7. O templo do Val de Quefrén
8. O templo do Val de Micerinos
9. Tumba da raíña Hetepheres I
10. A mastaba da raíña Jentkaues
11. As pirámides das raíñas de Micerinos
12. As mastabas de cortesáns de Quefrén
13. A Grande Esfinxe de Giza
14. O templo da Esfinxe
15. A mastaba de Hemon
16. As mastabas occidentais
17. O control de entrada actual
18. Os foxos das barcas solares
19. Estradas de acceso actual
20. As tumbas hipoxeos
21. Almacéns dos artesáns
22. Estrada de aceso actual
23. Nazlet el-Samman
24. Calzadas procesionais
25. A canteira de Micerinos
26. O cemiterio (actual)
27. As tumbas hipoxeos do sur
28. Muros perimétricos
29. Mastabas e tumbas hipoxeos
30. O cemiterio de mastabas occidental
31. O cemiterio de mastabas oriental

domingo, 8 de mayo de 2016

Entrada 26: Torre de Pisa

A Torre Inclinada de Pisa é o campanario da catedral de Pisa. Foi construída para que permanecese en posición vertical pero comezou a inclinarse axiña se iniciou a súa construción en agosto de 1173. A altura da torre é de 55,7 a 55,8 metros desde a base, o seu peso estímase en 14.700 toneladas e a inclinación de 5,5° estendéndose 4,5 m da vertical. A torre ten 8 andares, unha base de arcos cegos con 15 columnas, 6 niveis cunha columnata externa e remata nun campanario. A escaleira interna en espiral ten 294 chanzos.

Despois que a terceira planta foi construída en 1178, a torre inclinouse cara ao norte, debido a uns cimentos débiles (tres metros), nun subsolo inestable.

En 1838 o arquitecto Alessandro Della Gherardesca escavou un camiño ao redor da torre para facer visible a base. Isto causou unha inundación da base e de novo un incremento da súa inclinación.

En 1934 Benito Mussolini ordenou colocar a torre en posición vertical, polo que se verteu cemento na súa base, para evitar filtracións. O resultado foi inesperado, a torre afundiuse aínda máis na terra reblandecida.

Despois de estar prohibido o seu acceso durante moitos anos, foi reaberta recentemente.


viernes, 6 de mayo de 2016

Entrada 25: Versalles

O palacio de Versalles, coñecido en francés como Château de Versailles, é un palacio real localizado na cidade de Versalles, unha aldea rural na época de súa construción, mais actualmente un suburbio de París. Desde 1682, cando Luís XIV se mudou de París, até a familia Real ser forzada a volver á capital en 1789, a Corte de Versalles foi o centro do poder do Antigo Réxime en Francia.