viernes, 13 de mayo de 2016

Entrada 28: Faro de Alexandría

O Faro de Alexandría foi unha das sete marabillas do mundo antigo e o primeiro faro coñecido da historia. Construído no 279 a.C por Sostrato de Cnido por orde de Tolomeo I na illa de Pharos, fronte Alexandría (Exipto). Consistía nunha xigantesca torre sobre a que unha fogueira permanente marcaba a posición da cidade aos navegantes, dado que a costa nesa zona era demasiado chá e por aquel entón carecíase de calquera referencia para a navegación. Medía uns 134 metros. Non se conserva xa que houbo terremotos no 1303 e no 1323 fixeron que quedara en ruinas, as cales foron usadas no 1480 para facer un palacio. O nome da illa onde estaba (Pharos) doulle nome ó edificio nas linguas romances.


No hay comentarios:

Publicar un comentario