A Catedral de San Pablo de Londres (Saint Paul en inglés) é
unha catedral anglicana de Londres, en Inglaterra, que pertence á Igrexa de
Inglaterra, sendo a sé da diocese e do bispo de Londres. Foi construída entre
1676 e 1710, baixo a dirección do arquitecto Christopher Wren, sobre as ruínas
da antiga catedral medieval destruída polas lapas durante o Grande incendio de
1666.
A catedral de San Paulo é un dos máis sonados e recoñecíbeis
lugares de interese da cidade. Coa súa inmensa cúpula, enmarcada polas torres,
dominan o horizonte de Londres dende hai 300 anos. Con 111 metros de altura
(365 pés), foi o edificio máis alto de Londres dende 1710 até 1962. En termos
de superficie, San Paulo é unha das maiores catedrais cristiás do mundo. En Europa,
só a basílica de San Pedro do Vaticano é maior.
Ocupa un lugar especial na identidade nacional da poboación
de Inglaterra e foi escenario de importantes acontecementos da historia
británica como, por exemplo, os funerais de Horatio Nelson, o duque de
Wellington, Winston Churchill e Margaret Thatcher; o xubileo das raíñas Vitoria
e Isabel II de Inglaterra ou a voda do príncipe Carlos con Diana Spencer.
Si queres acceder directamente á páxina web desta catedral
para comprobar horarios de visitas e actos, preme aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario